Cartas do Inferno
Mensaxes de amor, escarnio e maldicir ás lecturas obrigatorias de Lingua e Literatura galega.
Cartas do inferno é un fanzine colaborativo no que mostramos o noso amor e desleixo por aqueles libros e autores cos que tivemos que convivir nos anos escolares na materia de Lingua e Literatura Galega.
Se adoraches 'A Esmorga', aborreciches 'Os vellos non deben de namorarse' ou sentes certa indiferencia por 'Memorias dun neno labrego', este é o teu fanzine.
Cartas do Inferno inclúe obras de Ana García, Adrián Castro, Chano Ripio, Torboada, Bea Gregores, Andrea Freire, David Morenza, Rubén Rial, Pruden Tattoo, Bez Gesto, Lorenzo Llinares, Maora, Pascual Cabaleiro, Román Cuadrado, Roberto M. Soler, Denis Carballás, Edicións Defectuosas e Afra Torrado.