Croio! Nº0

9.00

'Croio!' é unha publicación anual de historias curtas onde se misturan voces e estilos gráficos de banda deseñada, da man de autoras e autores que queren sacar ó mundo os universos que teñen metidos nas súas cabezas.

Este número inclúe as historias 'O Samovar maldito de Aygir' de Adri Seara, 'Cabo de ano' de Román Cuadrado, 'A derradeira brincadeira da Morte e a Sorte' de Antonio Rodríguez e 'Unha orde do Alén' de Rubén Rial.

Ilustración da capa de Rubén Rial.

Prólogo de Manel Cráneo.

— Formato 195x155 mm.
— Edición encolada.
— Impresión dixital.
— 68 páxinas branco e negro.