ONDA VITAL!!

6.00

ONDA VITAL!! é unha oda ás series xaponesas que empaparon os anos 90 e 2000 da mocidade galega a través das ondas da Televisión de Galicia. Unha homenaxe de máis de 30 artistas que medraron cantando "DORAEMON TEN UN PETO MÁXICO!" e nos que deixaron unha pegada innegable.

— Formato A5.
— Edición grampada.
— Impresión dixital
— 52 páxinas en branco e negro e 4 en cor.
— Portada de GoChi
— Prólogo de Suso Iglesias, co-creador do Xabarín Club e exdirector da TVG.

Inclúe obras de: El Hombre Tucán, Mateo Alvarellos, Ana García, Bea Gregores, Iago Rey, Paula Esteban, Álvaro Factor, Dre Otero, María Brenn, Roberto M. Soler, Jorge F. Peral, Luis Yang, D. Calviño, Pepe Mansilla, María Docampo, Ismael López, Paz, Clara Artiaga, Rubén Rial, Sonia Alonso, Ana Pandemonium, MeliMolita, Alariko, Inés Vázquez, Ángela Curro, Thais Forján, Xulia Vicente, Sergio Covelo, Pedro Bouza, Chano Ripio, Isa Cobo, Adri Seara, Alejandro Gaudino, Antonio Rodríguez, Antón Yañez e Paula Dacal.