Xeración Ról
€3.00
Sold out
A comezos do pasado século xógase a partida máis importante da historia: Rosalia de Castro, Otero Pedrayo e Vicente Risco tiran os dados que cambiarían os xogos de rol e o mundo para sempre: a primeira partida de LATIFUNDIOS E MINIFUNDIOS.
XERACIÓN RÓL é o relato dun anaco esquecido da historia do noso país, sobre como un pequeno xogo de mesa converteuse na base dunha industria milmillonaria que abarcaría dende os roscóns de Reis ata os videoxogos e o anime.
Berremos unha vez máis "QUE TE FUNDO EL LATIFUNDIO!"
Texto e ilustracións de Simón Blanco.
— Formato A6.
— Edición grampada.
— Impresión dixital.
— 20 páxinas, branco e negro